jueves, 30 de mayo de 2013

Identificación e usos das plantas medicinais máis frecuentes no noso entorno. 15 e 16 de xuño de 2013



Dada a boa acollida que tivo o ano pasado o curso de plantas medicinais repetimos este ano. Durante a primavera e principios do verán os campos están cheos de herbas e flores que poden servir como remedios para as máis diversas doenzas. Aprenderemos, de novo con Noa Vázquez Rendal, a identificar unha boa cantidade destas plantas, primeiro nunha sesión teórica e logo no campo, recolectaremos algunhas delas e prepararemos algúns remedios.



PROGRAMACIÓN

Sábado 15 de xuño

          * Breve historia da fitoterapia
          * Plantas máis utilizadas nas doenzas máis frecuentes
          * Principais plantas medicinais en Galicia e usos
          * Familiarización coas guías de plantas. Conceptos botánicos básicos
          * Saida ao campo para o recoñecemento e recolección de plantas
          * Cómo elaborar un herbario

Domingo 16 de xuño

          * Tratamento das plantas medicinais recollidas
          * Formas de aplicación das plantas medicinais
          * Prácticas: elaboración de infusións, decoccións, tinturas, cataplasmas, aceites, etc.

IMPARTIDO POR   Noa Vázquez Rendal. Licenciada en Bioloxía Ambiental e en Ciencia e Tecnoloxía dos alimentos. Experta en Fitoterapia e Nutrición. 

PREZO: 45.00 euros

COMIDAS: 8 euros cada unha
ALOXAMENTO noite do sábado máis almorzo do domingo: 20.00 euros persoa en cuarto doble

INSCRIPCIÓNS: 981777898   607767369   info@pousadoira.com 

1 comentario: