domingo, 8 de septiembre de 2013

Obradoiro para a Montaxe dunha Instalación Solar Fotovoltaica autónoma. 21 e 22 de setembro de 2013

Este obradoiro non se realizou nas datas previstas, así que temos previsto facelo este mes de setembro. Convidámosvos a participar, e a difundir este interesante curso. Entre outras cousas coñeceremos o alcance do novo Decreto lei 9/2013 que reforma o sector ecléctrico e cómo afecta realmente ás instalacións domésticas.

O 21 e 22 de setembro organizamos un obradoiro para facer unha instalación de paneis fotovoltaicos en Casa Pousadoira, onde aprenderemos  conceptos teóricos sobre este tipo de enerxía, os elementos que compoñen unha instalación e a execución da instalación propiamente dita.

Instalaranse tres paneis fotovoltaicos cunha potencia total de 690 Wp, co seu cargador regulador, baterías e conversor, instalaranse na cuberta da nosa casa de palla.

O obxetivo do obradoiro é que poidamos aprender a facer a nosa propia instalación fotovoltaica doméstica así como a valorar as nosas necesidades enerxéticas e de potencia.


CONTIDOS DO CURSO   13 horas estimadas

SABADO 21

09.00   Tipoloxía  e partes que compoñen unha Instalación Solar Fotovoltaica Autónoma

11.30   Pausa

12.00   Práctica

14.30   Xantar

16.00   Configuración e montaxe dun sistema Fotovoltaico Autónomo cun panel de 690 Wp

DOMINGO 22

10.00    Verificación e posta en servizo do sistema Fotovoltaico instalado

11.00   Operación e mantemento dos sistemas fotovoltaicos autónomos

IMPARTIDO POR   Jesús López Taboada,  de Montaxes Lagoa

PREZO: 60.00 euros

Coma sempre poderase comer na casa e tamén quedar a durmir a prezos reducidos para os que o precisen, previa reserva

Comidas: 8 euros
Aloxamento: 20.00 euros persoa en cuarto doble con baño, con almorzo incluido.

Máis información e reservas en info@pousadoira.com ou nos telefonos 981777898   607767369

No hay comentarios:

Publicar un comentario