miércoles, 29 de mayo de 2013

Introducción á permacultura, agricultura ecolóxica e bioconstrucción. xuño de 2013

Curso de introducción á permacultura, agricultura ecolóxica e bioconstrucción.
Casa Pousadoira, Callobre, Miño, A Coruña. 

8 e 9 de xuño, 22 e 23 de xuño de 2013



A permacultura é unha ciencia de deseño integral de entornos humanos sostibles. Abarca polo tanto as nosas relacións co entorno natural e mesmo con outras persoas. Non é algo simple, pero sí necesario para a nosa supervivencia xa que por outra banda a permacultura é unha resposta efectiva ante os límites de enerxía e recursos, que nos mostra o camiño para facer os cambios necesarios para vivir nunha era post-industrial. Por eso a permacultura, identificada nun primeiro momento cunha determinada maneira de facer agricultura, é hoxe en día un termo que abrangue moito máis. O manexo da terra, as construccións, as persoas e as maneiras en que se organizan e se relacionan coa natureza e entre sí son algúns dos aspectos que interesan.

Queremos achegarnos a este concepto no próximo curso que imos facer en Casa Pousadoira. Será o 8 e 9 de xuño, cunha "Introducción á permacultura. Agricultura ecolóxica" por parte de Gustavo Sánchez e Begoña de Bernardo. Este curso terá unha segunda parte o 22 e 23 de xuño, onde nos centraremos noutro aspecto da permacultura, que é a Bioconstrucción.

CONTIDOS

Sábado 8 

Introcucción á permacultura

• Fundamentos da permacultura.
• Éticas e principios.
• Actuando sobre os elementos:
- Auga, solo, residuos, recursos, ...
• Criterios de deseño.
- Elaboración dun deseño nas instalacións e no entorno de Casa Pousadoira.

Agricultura ecolóxica, centrada na horta

* Fertilidade da terra, manexo
* Ferramentas e laboreo tradicional, tracción animal
* Materia orgánica: compost, acolchados  e abonos verdes
* Cultivos: elección de variedades, sementes, rotacións, asociacións de cultivos
* Doenzas das plantas e plantas silvestres.

Domingo 9

Prácticas na horta

* Realización de compost
* Realización dunha hügelkultur
* Preparación dun bancal de cultivo
* Elaboración dun purín de ortigas

Sábado 22

* A bioconstrucción como necesidade, construcción saudabeis e de baixo consumo de materiais e enerxia.
* Deseño permacultural da nosa vivenda
* Técnicas constructivas con palla e terra.
   - Método Nebrasca, método GREB, construcción de cob
* Fabricación de adobes, teoría e práctica

Domingo 23

* Práctica de realización de rebocos de barro en construcción existente. Montaxe dunha esquina con balas de palla.

Coma sempre poderase quedar a xantar e cear na casa e tamén a durmir previa reserva.

PREZO DOS CURSOS

60.00 euros cada un, facendo os dous 100.00 euros en total
Comidas: 8.00 euros
Aloxamento: 15.00 euros en cuarto doble.

Máis información e reservas no correo info@pousadoira.com ou nos teléfonos 981777898   607767369

No hay comentarios:

Publicar un comentario