miércoles, 27 de febrero de 2013

3º Curso de Elaboración Artesanal de Cervexa. Miño, A Coruña, marzo de 2013





 Estase achegando a primavera e qué mellor actividade que entreterse aprendendo a facer a nosa propia cervexa en previsión dun caluroso verán. Este é un dos cursos que máis interés despertan dos que vimos realizando en Casa Pousadoira, en parte polo doado que resulta aprender a facer a nosa propia cervexa na nosa casa, cos utensilios que calquera pode ter nunha cociña, (case non temos que mercar nada), e en parte tamén polo rica que sae a cervexa caseira, e claro, porque é un pracer e unha satisfacción convidar aos amigos a tomar unha cervexa feita por nós mesm@s





No curso de dous días de duración, enseñamos cómo facer a cervexa desde cero, realizando nós mesmos todo o proceso, dende o malteado do cereal. Na foto da esquerda pode verse trigo da variedade Callobre, colleitado en Galicia, en proceso de xerminación para o seu posterior malteado.
















                        Cervexa realizando a fermentación



CONTIDOS DO CURSO


- Presentación do curso
- Visión global do proceso biotecnolóxico
- Ingredientes e utensilios a usar na elaboración caseira de cervexa

- Etapas na elaboración da cervexa                         
- Clausura do curso (embotellado da cervexa)

Ao tempo que se dan as explicacións teóricas iranse vendo todos os pasos na práctica, desde o malteado do cereal até o embotellado.

IMPARTIDO POR


Miguel Anxo Abraira Sobrado: Técnico en Saude Ambiental, con amplia experiencia no campo da elaboración de productos agroalimentarios coma bebidas e conservas vexetais.

DATAS: 23 e 24 de marzo de 2013
O 23 todo o dia e o 24 pola mañá, remataremos co xantar.


LUGAR: Casa Pousadoira

                Pousadoira, Callobre Miño A Coruña
          


PREZO DO CURSO: 45.00 euros
Pernoctación en Casa Pousadoira: 20.00 euros con almorzo incluido
Comidas: 8.00 euros cada unha

MAIS INFORMACIÓN E RESERVAS: info@pousadoira.com   981777898   607767369






                                                                                                                          

lunes, 5 de noviembre de 2012

CURSO DE ELABORACIÓN CASEIRA DE CERVEXA



 Casa Pousadoira organiza para os dias 8 e 9 de decembro un novo curso para aprender a facer a nosa propia cervexa na casa, cos utensilios que todos podemos ter nunha cociña normal, sin case ningún custe de inversión.
O curso vai dirixido a calquera persoa que queira aprender a facer cervexa a pequena escala, para consumo propio.

Coma sempre ofrecemos a posibilidade de quedar a durmir en Casa Pousadoira e por suposto de comer e cear.

CONTIDOS

- Presentación do curso
- Visión global do proceso biotecnolóxico
- Ingredientes e utensilios a usar na elaboración caseira de cervexa

- Etapas na elaboración da cervexa
- Clausura do curso (embotellado da cervexa)

Ao tempo que se dan as explicacións teóricas iranse vendo todos os pasos na práctica, desde o malteado do cereal até o embotellado.

IMPARTIDO POR


Miguel Anxo Abraira Sobrado: Técnico en Saude Ambiental, con amplia experiencia no campo da elaboración de productos agroalimentarios coma bebidas e conservas vexetais.

DATAS: 8 e 9 de decembro
O 8 todo o dia e o 9 pola maña, remataremos co xantar.

PREZO DO CURSO: 40.00 euros
Pernoctación en Casa Pousadoira: 20.00 euros con almorzo incluido
Comidas: 8.00 euros cada unha

MAIS INFORMACIÓN E RESERVAS: info@pousadoira.com   981777898   607767369


domingo, 16 de septiembre de 2012

TÉCNICAS DE CONSTRUCCIÓN CON BARRO


Novo curso de bioconstrucción en torno ao traballo con barro. Nesta ocasión imos ver distintas posibilidades constructivas con barro, como son a fabricación de adobes, un suelo de terra compactada, ademais de revoques con barro. Contaremos coa dirección dun mestre na materia, como é Guido Tomasini.
Será en Pousadoira, MIño A Coruña

Datas: 12, 13, 14 de outubro

Programación:
Venres 12.
10.00 - 11.00: Introducion (tecnicas, materiais e ferramentas)
11.00 - 14.00: Fabricacion de adobe (bloques de terra)
16.00 - 19.00: Suelo de terra compactada

Sabado 13.
10.00 - 14.00: Revoques de barro (diferentes usos, tecnicas e acabados)
16.00 - 19.00: Construcion de muros e paredes con adobe


Domingo 14
10.00 - 14.00: Prácticas de adobes e revoques

Coma sempre poderase quedar a comer e durmir en Casa Pousadoira.

PREZO DO CURSO: 80.00 euros
COMIDAS: 8.00 euros cada unha
ALOXAMENTO: 15.00 euros persoa e noite

Información e reservas: info@pousadoira.com 981777898 607767369

viernes, 8 de junio de 2012

CURSO DE PROCESADO DA LA. FIADO.


En Pousadoira planeamos un novo curso para o mes de xullo. Será sobre o procesado da lá. Nos últimos anos no noso entorno moitas vacas sustituíronse por ovellas, que producen un magnífico material de confección de roupa, mantas etc. Pero na maioría dos casos non sabemos utilizalo, e moitas veces incluso é un problema desfacerse da lá. Pensamos que non se pode desaproveitar este recurso tan valioso e é por iso que nos plantexamos este curso.
Aprender un pouco máis sobre a lá, estupenda materia prima ao noso alcance, as suas características e cuidados, e sobre todo, aprender a fiala para ter os novelos cos que poder confeccionar prendas.
Para iso contamos cunha experta tecelá, Pili Conde, que nos desvelará os segredos desta antiga arte.

DATA DO CURSO: 7 de xullo de 10 da mañá a 7 da tarde. Pararemos para xantar por suposto.

PREZO: 30.00 euros por persoa

XANTAR: 8.00 euros

Información e reservas en Casa Pousadoira 981777898 607767369
info@pousadoira.com

lunes, 14 de mayo de 2012

CURSO TEÓRICO PRÁCTICO SOBRE RECOÑECEMENTO E USOS DAS PLANTAS MEDICINAIS MÁIS FRECUENTES NO NOSO ENTORNO

No mes de xuño, impartirase en Casa Pousadoira outro curso, esta vez sobre os usos terapéuticos das plantas. Aprenderemos moitas cousas sobre as plantas medicinais que nos podemos atopar no noso entorno máis inmediato, empezando por recoñecelas, os seus usos e contraindicacións, e tamén cómo empregalas na práctica caseira mediante as distintas técnicas de aplicación.

PROGRAMACIÓN

Sábado 16 de xuño

          * Breve historia da fitoterapia
          * Plantas máis utilizadas nas doenzas máis frecuentes
          * Principais plantas medicinais en Galicia e usos
          * Familiarización coas guías de plantas. Conceptos botánicos básicos
          * Saida ao campo para o recoñecemento e recolección de plantas
          * Cómo elaborar un herbario

Domingo 17 de xuño

          * Tratamento das plantas medicinais recollidas
          * Formas de aplicación das plantas medicinais
          * Prácticas: elaboración de infusións, decoccións, tinturas, cataplasmas, aceites, etc.

IMPARTIDO POR   Noa Vázquez Rendal. Licenciada en Bioloxía Ambiental e en Ciencia e Tecnoloxía dos alimentos. Experta en Fitoterapia e Nutrición.

PREZO: 40.00 euros

COMIDAS: 8 euros cada unha
ALOXAMENTO noite do sábado máis almorzo do domingo: 20.00 euros persoa en cuarto doble

INSCRIPCIÓNS: 981777898   607767369   info@pousadoira.com




jueves, 3 de mayo de 2012

CURSO TEÓRICO-PRÁCTICO DE ELABORACIÓN CASEIRA DE CERVEXA

Casa Pousadoira organiza para os dias 26 e 27 de maio un curso para aprender a facer a nosa propia cervexa na casa, cos utensilios que todos podemos ter nunha cociña normal, sin case ningún custe de inversión.
O curso vai dirixido a calquera persoa que queira aprender a facer cervexa a pequena escala, para consumo propio.

Coma sempre ofrecemos a posibilidade de quedar a durmir en Casa Pousadoira e por suposto de comer e cear.

CONTIDOS

- Presentación do curso
- Visión global do proceso biotecnolóxico
- Presentación dos ingredientes a usar na elaboración de cervexa
- Inicio da elaboración de cervexa caseira
- Etapas na elaboración da cervexa
- Clausura do curso (embotellado da cervexa)

Ao tempo que se dan as explicacións teóricas iranse vendo todos os pasos na práctica, desde o malteado do cereal até o embotellado.

IMPARTIDO POR

Mª José Martelo Vidal: Enxeñeira Técnica Agrícola na especialidade de Industrias Agrarias e Alimentarias

Miguel Anxo Abraira Sobrado: Técnico en Saude Ambiental, con amplia experiencia no campo da elaboración de productos agroalimentarios coma bebidas e conservas vexetais.

DATAS: 26 e 27 de maio
O 26 todo o dia e o 27 pola maña, remataremos co xantar.

PREZO DO CURSO: 40.00 euros
Pernoctación en Casa Pousadoira: 20.00 euros con almorzo incluido
Comidas: 8.00 euros cada unha

MAIS INFORMACIÓN E RESERVAS: info@pousadoira.com 981777898 607767369

info@pousadoira.com 981777898 607767369
CALENDARIO DE CURSOS EN CASA POUSADOIRA

26 e 27 de maio: "Elaboración caseira de cervexa".  Repetimos o curso que fixemos en marzo porque houbo moita xente que quedou sin plaza. Para aprender a elaborar a tua propia cervexa na casa, sin grandes inversións e dun xeito moi sinxelo. IMPARTEN: Mª José Martelo, Miguel Anxo Abraira


16 e 17 de xuño: "Plantas medicinais do noso entorno. Recoñecemento e usos". Aprenderemos a identificar as plantas medicinais máis comúns que nos podemos atopar ao noso aredor, e os usos que lles podemos dar. IMPARTE: Noa Vázquez.

7 de xullo: "Procesado da lá. Fiado"  Aprendendo a usar un recurso que moitas veces tiramos. A lá é un material de primeira calidade para tecer roupa, mantas etc. Neste curso de un só día aprenderemos a técnica e os trucos do fiado da lá. Logo é cousa de practicar. IMPARTE: Pilar Conde Penas

 IMFORMACIÓN E INSCRIPCIÓNS: 981777898   607767369   info@pousadoira.com