jueves, 3 de mayo de 2012

CALENDARIO DE CURSOS EN CASA POUSADOIRA

26 e 27 de maio: "Elaboración caseira de cervexa".  Repetimos o curso que fixemos en marzo porque houbo moita xente que quedou sin plaza. Para aprender a elaborar a tua propia cervexa na casa, sin grandes inversións e dun xeito moi sinxelo. IMPARTEN: Mª José Martelo, Miguel Anxo Abraira


16 e 17 de xuño: "Plantas medicinais do noso entorno. Recoñecemento e usos". Aprenderemos a identificar as plantas medicinais máis comúns que nos podemos atopar ao noso aredor, e os usos que lles podemos dar. IMPARTE: Noa Vázquez.

7 de xullo: "Procesado da lá. Fiado"  Aprendendo a usar un recurso que moitas veces tiramos. A lá é un material de primeira calidade para tecer roupa, mantas etc. Neste curso de un só día aprenderemos a técnica e os trucos do fiado da lá. Logo é cousa de practicar. IMPARTE: Pilar Conde Penas

 IMFORMACIÓN E INSCRIPCIÓNS: 981777898   607767369   info@pousadoira.com

No hay comentarios:

Publicar un comentario