miércoles, 7 de marzo de 2012

Curso de Horticultura ecolóxica. Autosuficiencia alimentaria



En Casa Pousadoira seguimos programando cursos sobre cousas útiles. Agora propoñémosvos un curso sobre cultivo de hortalizas enfocado ao consumo propio. Aprenderemos a programar o cultivo, a distribuir espazos na horta, a manexar a terra e a fertilidade, ademais de todo o relacionado coa sementeira e cultivo das plantas máis habituais nas nosas hortas. Variedades, rotacións e asociacións de cultivos, doenzas e plagas, e cómo conservar os alimentos para aproveitar os excedentes.

Será ao longo de tres fins de semana durante a primavera.
31 de marzo e 01 de abril, 12 e 13 de maio, 9 e 10 de xuño

O curso estará impartido fundamentalmente por Begoña de Bernardo, Enxeñeira Agrónoma, e contaremos puntualmente con dous colaboradores máis, que nos falarán de temas específicos.

PROGRAMACIÓN:

31 de marzo e 01 de abril:

As explotacións tradicionais. Ciclo pechado de materia e enerxía.
Planificación da nosa horta, qué cultivos poñer e ónde.
Fertilidade da terra, principais técnicas para mantela e acrecentala.
Manexo do solo, laboreo, cándo e cómo.
Enmendas e abonado. Abonos verdes. Acolchados.
Compost.
Semilleiros, variedades.
PRÁCTICAS: Realización de semilleiros de tomate, pemento, leituga, aromáticas. Elaboración de compost.

12 e 13 de maio

Rotacións e asociacións de cultivos
A importancia de ter animais, horta ou granxa?
Trasplante e cuidados das principais plantas hortícolas.
Regas, podas, escardas
Doenzas e plagas. Productos fitosanitarios seguros. Fauna beneficiosa.
PRÁCTICAS: Trasplante dos semilleiros feitos. Seguimento de cultivos, probable recolección de chícharos. Poda de fresas. Seguimento do compost.

9 e 10 de xuño

Adventicias, plantas indicadoras.
Recolección e conservación de sementes.
Conservación de colleitas: conxelación, desecado, conservas
Nocións de permacultura

PRÁCTICAS: Poda de tomates, colleita de patacas de cedo, seguimento dos cultivos. Seguimento do compost.

PREZO: 100.00 euros

Coma sempre pódese quedar a durmir a noite do sábado en Casa Pousadoira, e tamén comer ou cear.
Prezo das comidas: 8.00 euros
Aloxamento máis almorzo: 15.00 euros por persoa.

Para apuntarte e reservar plaza podes chamarnos aos telefonos 981777898 607767369 ou enviarnos un correo a info@pousadoira.com

No hay comentarios:

Publicar un comentario