jueves, 3 de mayo de 2012

CURSO TEÓRICO-PRÁCTICO DE ELABORACIÓN CASEIRA DE CERVEXA

Casa Pousadoira organiza para os dias 26 e 27 de maio un curso para aprender a facer a nosa propia cervexa na casa, cos utensilios que todos podemos ter nunha cociña normal, sin case ningún custe de inversión.
O curso vai dirixido a calquera persoa que queira aprender a facer cervexa a pequena escala, para consumo propio.

Coma sempre ofrecemos a posibilidade de quedar a durmir en Casa Pousadoira e por suposto de comer e cear.

CONTIDOS

- Presentación do curso
- Visión global do proceso biotecnolóxico
- Presentación dos ingredientes a usar na elaboración de cervexa
- Inicio da elaboración de cervexa caseira
- Etapas na elaboración da cervexa
- Clausura do curso (embotellado da cervexa)

Ao tempo que se dan as explicacións teóricas iranse vendo todos os pasos na práctica, desde o malteado do cereal até o embotellado.

IMPARTIDO POR

Mª José Martelo Vidal: Enxeñeira Técnica Agrícola na especialidade de Industrias Agrarias e Alimentarias

Miguel Anxo Abraira Sobrado: Técnico en Saude Ambiental, con amplia experiencia no campo da elaboración de productos agroalimentarios coma bebidas e conservas vexetais.

DATAS: 26 e 27 de maio
O 26 todo o dia e o 27 pola maña, remataremos co xantar.

PREZO DO CURSO: 40.00 euros
Pernoctación en Casa Pousadoira: 20.00 euros con almorzo incluido
Comidas: 8.00 euros cada unha

MAIS INFORMACIÓN E RESERVAS: info@pousadoira.com 981777898 607767369

info@pousadoira.com 981777898 607767369

No hay comentarios:

Publicar un comentario