O día 1 de xuño disfrutaremos en Casa Pousadoira dunha xornada de diversión e aprendizaxe, mentres construimos un forno solar, onde cociñar alimentos coa enerxía do sol.
Cada vez faise máis necesario aforrar enerxía, por razóns ecolóxicas pero tamén económicas. Coma sempre a liña mestra que guía as nosas actividades é a de aumentar a capacidade das persoas para ser autosuficientes, para resolver as nesidades vitais por un mesmo.
Trai unha caixa de cartón e sairás cun forno para cociñar sin máis combustible que o do sol.
Pola mañá teremos unha pequena sesión teórica sobre fornos e cociñas solares, xantaremos con comida cociñada nun deles, (se fai sol), se non fai sol tamén xantaremos eh!, e pola tarde construiremos o noso propio forno solar.
Contaremos para esta actividade co profesor Juan Bello Llorente, sin dúbida un experto na materia
CONTIDOS DO OBRADOIRO
- Qué e cómo cociñar co sol
- Características dos fornos solares de baixo custo
- Fornos e cociñas solares, tipoloxías e características
- Construcción de fornos solares
DATA E LUGAR: 1 de xuño de 2013, en Casa Pousadoira, Callobre, Miño A Coruña
PREZO: 40.00 euros con xantar incluido.
ESTE CURSO ESTÁ BONIFICADO CUN 40%DE DESCONTO PARA PERSOAS EN PARO
Máis información e reservas: info@pousadoira.com, 981777898 607767369
No hay comentarios:
Publicar un comentario