Conservas artesanais de Daldea Pousadoira |
Os días 11 e 12 de maio realizaremos
en Casa Pousadoira un curso para aprender a elaborar na casa
conservas de alimentos de forma eficaz e segura.
Dende sempre os seres humanos de todas
as culturas e latitudes fixeron tratamentos dos alimentos para que
estes non se deteriorasen e se conservasen máis tempo aptos para ser
consumidos. Salgaduras, fermentacións, desecados, embutidos, e un
longo etc. de tratamentos que fan que dun xeito ou doutro poidamos
consumilos en boas condicións durante máis tempo.
Cada vez hai máis xente que se anima a
cultivar froitas e hortalizas, mesmo en pequenos espazos. Todos
sabemos da abundancia puntual que proporcionan os nosos cultivos, e
do saborosos que están e gustaríanos poder conservalos para non
desperdiciar nada e poder seguir disfroitando deles. Ás veces tamén
ocorre que hai épocas en que podemos atopar un alimento no mercado a
moi bo prezo (como sucede co bonito), e o resto do ano non o hai, así
que sería útil poder mercalo nese momento e conservalo nós
mesmos.
Pero para facer esto temos que estar
seguros do que facemos, para conservar os alimentos nas mellores
condicións, respecto das súas propiedades nutritivas, e para
conservalos dun xeito seguro para a nosa saúde chega con saber unhas
cantas cousas e ser coidadosos na elaboración das nosas conservas.
Daldea Pousadoira, empresa irmán de
Casa Pousadoira, elabora conservas vexetais artesanais dende fai 10
anos, e contaremos con esta experiencia para aprender o
imprescindible para facer as nosas conservas na casa.
CONTIDOS DO CURSO
Introdución á conservación de alimentos
- Composición dos alimentos
- Deterioro dos alimentos. A oxidación, o enranciamento, microorganismos
Perigos para a saúde na conservación de alimentos e cómo evitalos
- Patóxenos
- O Ph
Métodos de conservación de alimentos
- Microorganismos útiles
- Desecación
- Conservas de vexetais ao natural
- Encurtidos en vinagre
- Marmeladas e confituras
- Conservas de peixe e carne
- Conxelación
PRACTICAS
- Elaboración dunha marmelada en conserva
- Elaboración de salsa de tomate en conserva
- Elaboración de mexillóns en conserva
- Escabeche de peixe en conserva
DURACIÓN E LUGAR
Sábado
todo o día e domingo pola mañá. En Casa Pousadoira, Callobre, Miño
A Coruña
11 e 12 de maio de 2013
11 e 12 de maio de 2013
PREZO: 50.00 euros
INFORMACIÓN
E RESERVAS: info@pousadoira.com 981777898 607767369
No hay comentarios:
Publicar un comentario