No mes de xuño, impartirase en Casa Pousadoira outro curso, esta vez sobre os usos terapéuticos das plantas. Aprenderemos moitas cousas sobre as plantas medicinais que nos podemos atopar no noso entorno máis inmediato, empezando por recoñecelas, os seus usos e contraindicacións, e tamén cómo empregalas na práctica caseira mediante as distintas técnicas de aplicación.
PROGRAMACIÓN
Sábado 16 de xuño
* Breve historia da fitoterapia
* Plantas máis utilizadas nas doenzas máis frecuentes
* Principais plantas medicinais en Galicia e usos
* Familiarización coas guías de plantas. Conceptos botánicos básicos
* Saida ao campo para o recoñecemento e recolección de plantas
* Cómo elaborar un herbario
Domingo 17 de xuño
* Tratamento das plantas medicinais recollidas
* Formas de aplicación das plantas medicinais
* Prácticas: elaboración de infusións, decoccións, tinturas, cataplasmas, aceites, etc.
IMPARTIDO POR Noa Vázquez Rendal. Licenciada en Bioloxía Ambiental e en Ciencia e Tecnoloxía dos alimentos. Experta en Fitoterapia e Nutrición.
PREZO: 40.00 euros
COMIDAS: 8 euros cada unha
ALOXAMENTO noite do sábado máis almorzo do domingo: 20.00 euros persoa en cuarto doble
INSCRIPCIÓNS: 981777898 607767369 info@pousadoira.com
lunes, 14 de mayo de 2012
jueves, 3 de mayo de 2012
CURSO TEÓRICO-PRÁCTICO DE ELABORACIÓN CASEIRA DE CERVEXA
O curso vai dirixido a calquera persoa que queira aprender a facer cervexa a pequena escala, para consumo propio.
Coma sempre ofrecemos a posibilidade de quedar a durmir en Casa Pousadoira e por suposto de comer e cear.
CONTIDOS
- Presentación do curso
- Visión global do proceso biotecnolóxico
- Presentación dos ingredientes a usar na elaboración de cervexa
- Inicio da elaboración de cervexa caseira
- Etapas na elaboración da cervexa
- Clausura do curso (embotellado da cervexa)
Ao tempo que se dan as explicacións teóricas iranse vendo todos os pasos na práctica, desde o malteado do cereal até o embotellado.
IMPARTIDO POR
Mª José Martelo Vidal: Enxeñeira Técnica Agrícola na especialidade de Industrias Agrarias e Alimentarias
Miguel Anxo Abraira Sobrado: Técnico en Saude Ambiental, con amplia experiencia no campo da elaboración de productos agroalimentarios coma bebidas e conservas vexetais.
DATAS: 26 e 27 de maio
O 26 todo o dia e o 27 pola maña, remataremos co xantar.
PREZO DO CURSO: 40.00 euros
Pernoctación en Casa Pousadoira: 20.00 euros con almorzo incluido
Comidas: 8.00 euros cada unha
MAIS INFORMACIÓN E RESERVAS: info@pousadoira.com 981777898 607767369
info@pousadoira.com 981777898 607767369
Etiquetas:
cervexa,
cervexa caseira,
curso,
curso de cervexa,
elaboración cervexa
CALENDARIO DE CURSOS EN CASA POUSADOIRA
26 e 27 de maio: "Elaboración caseira de cervexa". Repetimos o curso que fixemos en marzo porque houbo moita xente que quedou sin plaza. Para aprender a elaborar a tua propia cervexa na casa, sin grandes inversións e dun xeito moi sinxelo. IMPARTEN: Mª José Martelo, Miguel Anxo Abraira
7 de xullo: "Procesado da lá. Fiado" Aprendendo a usar un recurso que moitas veces tiramos. A lá é un material de primeira calidade para tecer roupa, mantas etc. Neste curso de un só día aprenderemos a técnica e os trucos do fiado da lá. Logo é cousa de practicar. IMPARTE: Pilar Conde Penas
IMFORMACIÓN E INSCRIPCIÓNS: 981777898 607767369 info@pousadoira.com
Suscribirse a:
Entradas (Atom)