Mostrando entradas con la etiqueta miño. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta miño. Mostrar todas las entradas

domingo, 16 de marzo de 2014

Próximos cursos e obradoiros en Pousadoira

Cociña italiana, cultivo de setas e elaboración de cervexa caseira serán os próximos obradoiros que faceremos en Casa Pousadoira en marzo e abril.


Elaboración de pasta fresca e recetas de cociña italiana.

O próximo 29 de marzo, sábado, teremos un obradoiro para aprender a elaborar pasta fresca na casa, e ademáis cociñaremos 7 recetas de cociña italiana, recetas coas que comeremos ao remate do curso, que se realizará ao longo da mañá, de 10 a 14 horas. Así que este curso ten un doble aliciente, aprender e degustar o aprendido. Tallarines, risotto, lasagna, tiramisú...
Contaremos para impartilo con Vanesa Oporto, profesora de cociña.  Prezo: 40 euros

Cultivo de setas

O sábado seguinte, 5 de abril, teremos un obradoiro para aprender a cultivar setas na casa. Aprenderemos unha chea de cousas sobre os fungos, clasificación, morfoloxía, propiedades nutritivas, e por suposto cómo cultivalos nós mesmos, en troncos,  en restos de podas, palla ou borras de café. Será tamén pola mañá de 10 a 14 horas, con pausa para un café.

Este curso impárteo Miguel Ángel Rodríguez, de Micología Salvaterra (micologiasalvaterra.blogspot.com.es) e costa 35.00 euros


Cociendo el ceral para cerveza
Elaboración de cervexa caseira

O 12 e 13 de abril repetiremos o noso xa clásico curso de elaboración de cervexa. O ultimo tivemos que suspendelo así que o trasladamos para esta data. Aproveitade porque igual é o último curso de cervexa desta tempada. Coma sempre estará impartido por Miguel Anxo Abraira e durará día e medio, o sábado todo o día e o domingo pola mañá. Terá parte teórica e práctica, elaborando unha pequena partida de cervexa. Explícase o proceso desde o malteado do cereal.
O prezo é de 45.00 euros.


Para inscribirvos nalgún dos cursos podedes chamarnos ao 981777898  ou  607767369 ou enviarnos un correo a info@pousadoira.com.

Agardamos que estas actividades resulten interesantes, e animámosvos a propoñernos outras.


miércoles, 27 de febrero de 2013

3º Curso de Elaboración Artesanal de Cervexa. Miño, A Coruña, marzo de 2013





 Estase achegando a primavera e qué mellor actividade que entreterse aprendendo a facer a nosa propia cervexa en previsión dun caluroso verán. Este é un dos cursos que máis interés despertan dos que vimos realizando en Casa Pousadoira, en parte polo doado que resulta aprender a facer a nosa propia cervexa na nosa casa, cos utensilios que calquera pode ter nunha cociña, (case non temos que mercar nada), e en parte tamén polo rica que sae a cervexa caseira, e claro, porque é un pracer e unha satisfacción convidar aos amigos a tomar unha cervexa feita por nós mesm@s





No curso de dous días de duración, enseñamos cómo facer a cervexa desde cero, realizando nós mesmos todo o proceso, dende o malteado do cereal. Na foto da esquerda pode verse trigo da variedade Callobre, colleitado en Galicia, en proceso de xerminación para o seu posterior malteado.
















                        Cervexa realizando a fermentación



CONTIDOS DO CURSO


- Presentación do curso
- Visión global do proceso biotecnolóxico
- Ingredientes e utensilios a usar na elaboración caseira de cervexa

- Etapas na elaboración da cervexa                         
- Clausura do curso (embotellado da cervexa)

Ao tempo que se dan as explicacións teóricas iranse vendo todos os pasos na práctica, desde o malteado do cereal até o embotellado.

IMPARTIDO POR


Miguel Anxo Abraira Sobrado: Técnico en Saude Ambiental, con amplia experiencia no campo da elaboración de productos agroalimentarios coma bebidas e conservas vexetais.

DATAS: 23 e 24 de marzo de 2013
O 23 todo o dia e o 24 pola mañá, remataremos co xantar.


LUGAR: Casa Pousadoira

                Pousadoira, Callobre Miño A Coruña
          


PREZO DO CURSO: 45.00 euros
Pernoctación en Casa Pousadoira: 20.00 euros con almorzo incluido
Comidas: 8.00 euros cada unha

MAIS INFORMACIÓN E RESERVAS: info@pousadoira.com   981777898   607767369