viernes, 8 de junio de 2012

CURSO DE PROCESADO DA LA. FIADO.


En Pousadoira planeamos un novo curso para o mes de xullo. Será sobre o procesado da lá. Nos últimos anos no noso entorno moitas vacas sustituíronse por ovellas, que producen un magnífico material de confección de roupa, mantas etc. Pero na maioría dos casos non sabemos utilizalo, e moitas veces incluso é un problema desfacerse da lá. Pensamos que non se pode desaproveitar este recurso tan valioso e é por iso que nos plantexamos este curso.
Aprender un pouco máis sobre a lá, estupenda materia prima ao noso alcance, as suas características e cuidados, e sobre todo, aprender a fiala para ter os novelos cos que poder confeccionar prendas.
Para iso contamos cunha experta tecelá, Pili Conde, que nos desvelará os segredos desta antiga arte.

DATA DO CURSO: 7 de xullo de 10 da mañá a 7 da tarde. Pararemos para xantar por suposto.

PREZO: 30.00 euros por persoa

XANTAR: 8.00 euros

Información e reservas en Casa Pousadoira 981777898 607767369
info@pousadoira.com

1 comentario:

  1. Hace falta que llevemos algún apero para cardar,hilar,etc. la lana?

    ResponderEliminar