domingo, 30 de marzo de 2014

Taller de cultivo de setas na casa


O próximo sábado día 5 de abril pola mañá teremos un taller de cultivo de setas, impartido por Miguel Ángel Rodríguez,  http://micologiasalvaterra.blogspot.com.es/search/label/Cultivo%20setas.

O taller terá parte práctica e parte teórica. Ademáis os participantes levarán unha bolsiña de micelio para que poidan iniciar o seu propio cultivo.

CONTIDOS DO TALLER

- Introducción
- Breve reseña histórica da funxicultura
- Composición nutritiva e propiedades medicinais
- Clasificación dos fungos (saprófitos, micorrícicos e parásitos)
- Morfoloxía, partes dunha seta e reproducción
- Factores de crecemento
- Obtención e multiplicación de micelio
- Cómo obter micelio en grao
- Fases xerais do cultivo (tipos de sustratos: troncos, palla, podas etc., incubación e colleita)

Para os que non somos expertos recoñecendo setas, e para dispoñer delas todo o ano, este pode ser un método cómodo e seguro.


domingo, 16 de marzo de 2014

Próximos cursos e obradoiros en Pousadoira

Cociña italiana, cultivo de setas e elaboración de cervexa caseira serán os próximos obradoiros que faceremos en Casa Pousadoira en marzo e abril.


Elaboración de pasta fresca e recetas de cociña italiana.

O próximo 29 de marzo, sábado, teremos un obradoiro para aprender a elaborar pasta fresca na casa, e ademáis cociñaremos 7 recetas de cociña italiana, recetas coas que comeremos ao remate do curso, que se realizará ao longo da mañá, de 10 a 14 horas. Así que este curso ten un doble aliciente, aprender e degustar o aprendido. Tallarines, risotto, lasagna, tiramisú...
Contaremos para impartilo con Vanesa Oporto, profesora de cociña.  Prezo: 40 euros

Cultivo de setas

O sábado seguinte, 5 de abril, teremos un obradoiro para aprender a cultivar setas na casa. Aprenderemos unha chea de cousas sobre os fungos, clasificación, morfoloxía, propiedades nutritivas, e por suposto cómo cultivalos nós mesmos, en troncos,  en restos de podas, palla ou borras de café. Será tamén pola mañá de 10 a 14 horas, con pausa para un café.

Este curso impárteo Miguel Ángel Rodríguez, de Micología Salvaterra (micologiasalvaterra.blogspot.com.es) e costa 35.00 euros


Cociendo el ceral para cerveza
Elaboración de cervexa caseira

O 12 e 13 de abril repetiremos o noso xa clásico curso de elaboración de cervexa. O ultimo tivemos que suspendelo así que o trasladamos para esta data. Aproveitade porque igual é o último curso de cervexa desta tempada. Coma sempre estará impartido por Miguel Anxo Abraira e durará día e medio, o sábado todo o día e o domingo pola mañá. Terá parte teórica e práctica, elaborando unha pequena partida de cervexa. Explícase o proceso desde o malteado do cereal.
O prezo é de 45.00 euros.


Para inscribirvos nalgún dos cursos podedes chamarnos ao 981777898  ou  607767369 ou enviarnos un correo a info@pousadoira.com.

Agardamos que estas actividades resulten interesantes, e animámosvos a propoñernos outras.


martes, 18 de febrero de 2014

6º Curso de elaboración de cervexa 8 e 9 de marzo de 2014.Miño, A Coruña

Empezamos a tempada dos cursos de primavera en Casa Pousadoira. E empezamos cun clásico xa, que é o noso curso de elaboración de cervexa caseira.

Mirando a densidade


Este é un curso que dura un día e medio, o sábado todo o día e o domingo pola mañá. Consta dunha parte teórica, onde se repasan as materias primas que interveñen na elaboración da cervexa, (cereais, lúpulos, levaduras...), e o proceso de elaboración, incluido o malteado do cereal. A continuación elabórase unha partida de cervexa, que ao finalizar o curso queda fermentando. Aqueles que o desexen poden vir un par de semanas despois ao embotellado da mesma.

Coma sempre podese quedar a durmir na casa e máis a xantar e/ou cear o sábado.






Facendo unha cervexa de frambuesa

CONTIDOS DO CURSO


- Presentación do curso
- Visión global do proceso biotecnolóxico
- Ingredientes e utensilios a usar na elaboración caseira de cervexa

- Etapas na elaboración da cervexa                     
- Clausura do curso (embotellado da cervexa)

Ao tempo que se dan as explicacións teóricas iranse vendo todos os pasos na práctica, desde o malteado do cereal até o embotellado.

IMPARTIDO POR


Miguel Anxo Abraira Sobrado: Técnico en Saude Ambiental, con amplia experiencia no campo da elaboración de productos agroalimentarios coma bebidas e conservas vexetais.

DATAS: 8 e 9 de marzo de 2014
O 8 todo o dia e o 9 pola mañá.

LUGAR: Casa Pousadoira
Pousadoira, Callobre Miño A Coruña
          
PREZO DO CURSO: 45.00 euros
Pernoctación en Casa Pousadoira: 20.00 euros con almorzo incluido
Comidas: 10.00 euros cada unha

MAIS INFORMACIÓN E RESERVAS: info@pousadoira.com   981777898   607767369