domingo, 30 de octubre de 2011
Xa temos unha casa de palla
Desenvolveuse o obradoiro de bioconstrucción en Casa Pousadoira según o previsto. Feita a cimentación, levantáronse os muros con balas de palla e asentouse a estructura da cuberta. Instaláronse as vigas e pontóns e o entramado de palets, que se cubriron con cartón e cunha lámina impermeable transpirable. Até aquí chegamos de momento. Os muros están asentando e comprimíndose e queda pendente acabar a cuberta vexetal. Os muros recubríronse cun plástico para evitar que se mollen coa choiva.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario