jueves, 16 de septiembre de 2010

OUTONO GASTRONÓMICO


Coma en anos anteriores iníciase a tempada de outono en turismo rural atacando por onde máis nos gusta, o bo comer e o bo beber. Casa Pousadoira participa no Outono Gastronómico, que consiste nun paquete de aloxamento con almorzo incluido máis un menú especial, propio do outono, composto por productos de primeira calidade, moitos deles colleitados ou criados na nosa propia finca e cociñados con esmero para convidarvos a saborear o outono, unha época especialmente agradable para visitarnos. Hai menos xente que no verán, moi boa temperatura, se vai algo de frío pódese empezar a encender o lume polas noites, as cores do campo e do monte son moi fermosas, e é tempo de colleitas deliciosas: setas, castañas, cabazas, uvas...

No hay comentarios:

Publicar un comentario