miércoles, 23 de junio de 2010

A maxia dun vagalume



Levamos duas noites comtemplando casi á porta da nosa casa algo raro de ver e fermosísimo. Un vagalume, un verme de luz, unha vella facendo nas papas, como lles chamaban na miña aldea. Sempre me parecen máxicos. Pequenas luciñas nas silveiras, que viamos de pequenos cando algunha vez volviamos dunha festa moi tarde para os nenos. Agardamos poder velo de novo hoxe á noite, a noite máis curta do ano, mentres facemos a lumeirada e asamos as sardiñas

No hay comentarios:

Publicar un comentario