jueves, 17 de octubre de 2013

Curso de elaboración de cervexa na casa, 1e 2 de novembro de 2013


Elaboración casera de cerveza
Cocendo o cereal

Preparamos un novo curso de elaboración de cervexa artesanal na casa, para o 1 e 2 de novembro.
Coma sempre, elaboraremos unha partida de cervexa con todos os que asistan.
Ao longo dos dous días de duración do curso haberá unha parte teórica e logo facerase a elaboración. Aprenderemos a facer a cervexa desde cero, realizando nós mesmos todo o proceso, dende o malteado do cereal. E por suposto a cata.

Quitando a espuma da cervexa que está fermentando
Aquí pode verse un caldeiro de cervexa en proceso de fermentación. Escoller as levaduras axeitadas según a temperatura de fermentación ou o tipo de cervexa que queiramos facer é unha das cuestións máis delicadas e bonitas á hora de facer a nosa cervexa


CONTIDOS DO CURSO


- Presentación do curso
- Visión global do proceso biotecnolóxico
- Ingredientes e utensilios a usar na elaboración caseira de cervexa

- Etapas na elaboración da cervexa                     
- Clausura do curso (embotellado da cervexa)

Ao tempo que se dan as explicacións teóricas iranse vendo todos os pasos na práctica, desde o malteado do cereal até o embotellado.

IMPARTIDO POR


Miguel Anxo Abraira Sobrado: Técnico en Saude Ambiental, con amplia experiencia no campo da elaboración de productos agroalimentarios coma bebidas e conservas vexetais.

DATAS: 1 e 2 de novembro de 2013
O 1 todo o dia e o 2 pola mañá.

LUGAR: Casa Pousadoira
Pousadoira, Callobre Miño A Coruña
          
PREZO DO CURSO: 45.00 euros
Pernoctación en Casa Pousadoira: 20.00 euros con almorzo incluido
Comidas: 8.00 euros cada unha

MAIS INFORMACIÓN E RESERVAS: info@pousadoira.com   981777898   607767369