sábado, 27 de abril de 2013

Curso de Elaboración de Conservas Caseiras de Alimentos, 11 e 12 de maio de 2013


Marmeladas
Conservas artesanais de Daldea Pousadoira
Os días 11 e 12 de maio realizaremos en Casa Pousadoira un curso para aprender a elaborar na casa conservas de alimentos de forma eficaz e segura.

Dende sempre os seres humanos de todas as culturas e latitudes fixeron tratamentos dos alimentos para que estes non se deteriorasen e se conservasen máis tempo aptos para ser consumidos. Salgaduras, fermentacións, desecados, embutidos, e un longo etc. de tratamentos que fan que dun xeito ou doutro poidamos consumilos en boas condicións durante máis tempo.

Cada vez hai máis xente que se anima a cultivar froitas e hortalizas, mesmo en pequenos espazos. Todos sabemos da abundancia puntual que proporcionan os nosos cultivos, e do saborosos que están e gustaríanos poder conservalos para non desperdiciar nada e poder seguir disfroitando deles. Ás veces tamén ocorre que hai épocas en que podemos atopar un alimento no mercado a moi bo prezo (como sucede co bonito), e o resto do ano non o hai, así que sería útil poder mercalo nese momento e conservalo nós mesmos. 

Pero para facer esto temos que estar seguros do que facemos, para conservar os alimentos nas mellores condicións, respecto das súas propiedades nutritivas, e para conservalos dun xeito seguro para a nosa saúde chega con saber unhas cantas cousas e ser coidadosos na elaboración das nosas conservas. 

Daldea Pousadoira, empresa irmán de Casa Pousadoira, elabora conservas vexetais artesanais dende fai 10 anos, e contaremos con esta experiencia para aprender o imprescindible para facer as nosas conservas na casa.

CONTIDOS DO CURSO


Introdución á conservación de alimentos


-  Composición dos alimentos
-  Deterioro dos alimentos. A oxidación, o enranciamento, microorganismos

Perigos para a saúde na conservación de alimentos e cómo evitalos


-  Patóxenos
-  O Ph


Métodos de conservación de alimentos


-  Microorganismos útiles
-  Desecación
-  Conservas de vexetais ao natural
-  Encurtidos en vinagre
-  Marmeladas e confituras
-  Conservas de peixe e carne
-  Conxelación


PRACTICAS


-  Elaboración dunha marmelada en conserva
-  Elaboración de salsa de tomate en conserva

-  Elaboración de mexillóns en conserva
-  Escabeche de peixe en conserva

DURACIÓN E LUGAR

Sábado todo o día e domingo pola mañá. En Casa Pousadoira, Callobre, Miño A Coruña
11 e 12 de maio de 2013

PREZO:   50.00 euros


INFORMACIÓN E RESERVAS: info@pousadoira.com   981777898    607767369



miércoles, 3 de abril de 2013

20 e 21 de abril de 2013. 4º Curso de Elaboración Artesanal de Cervexa. Miño, A Coruña





Como no último curso de cervexa que fixemos quedaron algunhas persoas sin plaza, e había tamén algunhas ás que nos lles iban ben as datas, decidimos repetilo no mes de abril.
Este é un dos cursos que máis interés despertan dos que vimos realizando en Casa Pousadoira, en parte polo doado que resulta aprender a facer a nosa propia cervexa na nosa casa, cos utensilios que calquera pode ter nunha cociña, (case non temos que mercar nada), e en parte tamén polo rica que sae a cervexa caseira, e claro, porque é un pracer e unha satisfacción convidar aos amigos a tomar unha cervexa feita por nós mesm@s








No curso de dous días de duración, enseñamos cómo facer a cervexa desde cero, realizando nós mesmos todo o proceso, dende o malteado do cereal. Na foto da esquerda pode verse trigo da variedade Callobre, colleitado en Galicia, en proceso de xerminación para o seu posterior malteado.


Retirando a escuma durante o proceso de fermentación




                     












CONTIDOS DO CURSO


- Presentación do curso
- Visión global do proceso biotecnolóxico
- Ingredientes e utensilios a usar na elaboración caseira de cervexa

- Etapas na elaboración da cervexa                     
- Clausura do curso (embotellado da cervexa)

Ao tempo que se dan as explicacións teóricas iranse vendo todos os pasos na práctica, desde o malteado do cereal até o embotellado.

IMPARTIDO POR


Miguel Anxo Abraira Sobrado: Técnico en Saude Ambiental, con amplia experiencia no campo da elaboración de productos agroalimentarios coma bebidas e conservas vexetais.

DATAS: 20 e 21 de abril de 2013
O 20 todo o dia e o 21 pola mañá, remataremos co xantar.


LUGAR: Casa Pousadoira

                Pousadoira, Callobre Miño A Coruña
          


PREZO DO CURSO: 45.00 euros
Pernoctación en Casa Pousadoira: 20.00 euros con almorzo incluido
Comidas: 8.00 euros cada unha

MAIS INFORMACIÓN E RESERVAS: info@pousadoira.com   981777898   607767369